Integrantes de la banda gallega TanDuB

Integrantes de la banda gallega TanDuB

Música

TanDuB, creadores de la música que fusiona "sin complejos" Galicia con Marruecos

Entrevistamos a la banda musical finalista del concurso Narf de la Diputación de A Coruña, que este domingo celebra su gala final

21 noviembre, 2021 06:00

El sonido de un instrumento marroquí y un posterior viaje a Tanger terminó por dar forma a un proyecto musical llamado TanDub. Hoy, siete años, este grupo gallego es todo un ejemplo de cómo dos músicas, y por tanto de cómo dos culturas, pueden fusionarse y dar como resultado un sonido que no deja indiferente a nadie.

El Café Cultural Auriense, en Ourense, es el espacio donde Abdul, tocando la hajhouj (una especie de guitarra africana que se toca en la música gnawa) llamó la atención al resto de integrantes de esta banda que vieron en el ritmo de su sonido muchas similitudes con la música tradicional gallega.

TanDuB es uno de los grupos finalistas del XIII Concurso Fran Pérez, ‘Narf’, de la Diputación de A Coruña, que este domingo celebra su gala final. Con la ilusión de poder llevarse a Ourense este premio, TanDub responde a unas preguntas de este diarios días antes de la final. Con ellos repasamos su trayectoria y su música.

-Como naceu TanDuB?

Hai uns sete anos, un dos nosos cantantes, Abdul, apareceu nunha das jam sessions que se fan no Café Cultural Auriense, en Ourense, cun estrano instrumento que logo descubrimos que se chamaba hajhouj, unha especie de guitarra africana que se toca na música gnawa, que é a música tradicional dos antiguos escravos negros de Marrocos. E chamounos a atención que os seus patróns rítmicos, como os de moitas músicas africanas, eran semellantes aos da música tradicional galega. Eso levounos a tentar buscar un punto de unión, e unha inspiradora viaxe a Tánxer rematou por lle dar forma ao proxecto.

-Que significa TanDub?

TanDuB ven de unir Tánxer, a cidade natal de Abdul, con Dub, un dos ritmos que máis empregamos nos nosos temas.

-A que soa TanDuB?

TanDuB soa a fusión sen complexos, a baile, a enerxía positiva. O noso principal obxectivo é que quen nos escoite disfrute polo menos tanto como nós o facemos ao tocala. E, de paso, dar un pouquiño a coñecer a música gnawa, tan descoñecida por estas latitudes como interesante.

-Que teñen en común a música galega e a música marroquí?

Como comentabamos antes, o que máis nos chamou a atención cando descubrimos a música gnawa, tan lonxana xeográficamente, foi que o seu principal patrón rítmico, igual que noutras músicas marroquís e africanas, é o 6/8, que é o patrón da muiñeira galega (e máis concretamente a muiñeira vella, que leva o acento no segundo tempo do compás). Polo tanto, poderíase perfectamente acompañar unha canción gnawa cunha pandeireta galega, ou ao revés, unha muiñeira cunhas carcabas, que é o principal instrumento de percusión desta música. Temos que aclarar que TanDuB non fai música tradicional galega, aínda que hai compoñentes con anos de experiencia nese eido. Pero o pouso está presente, e é algo no que temos pensado traballar nun futuro.

-A vosa banda é unha mistura de instrumentos clásicos  con música electrónica e con instrumentos tradicionais de Marrocos. Como é posible conxugar sons tan diferentes nun mesmo tema?

Facéndoo sen prexuizos. Os compoñentes de TanDuB vimos de estilos diferentes: a música tradicional, o blues, o hip hop, a mestizaxe… cada estilo ten os seus recursos, as súas "ferramentas". E, se nunha pasaxe dun tema, o corpo pídenos meter uns compases de cumbia, ou un arranxo típico do trap, por que non o imos facer? Mentras quede ben e faga mover os pés…

-Nas vosas cancións o árabe e o galego fusiónanse nun mesmo idioma, sen dúbida unha característica moi distintiva. Que buscades conseguir coa vosa música?

Primeiro de nada, desfrutar nós facéndoa, eso é fundamental. E a nós préstanos misturar galego, árabe, inglés, wolof, e facelo a ritmo de reggae, de dub, do que nos pida o corpo. E se ademais podemos dar a coñecer un pouquiño a música gnawa, e todo iso permítenos subir a unha furgoneta e traballar no que máis nos gusta, nós encantados.

"Poderíase perfectamente acompañar unha canción gnawa cunha pandeireta galega"

-Non hai moito poidestes tocar no Náutico de San Vicente do Mar, o paraíso para calquera música. Como vivistes a experiencia?

O concerto do Náutico foi parte do premio por gañarmos o Concurso de bandas de Estudios Mans. Agora mesmo é un dos templos da música en Galicia, polo tanto é dificilísimo pechar unha data, porque todo o mundo quere tocar no Náutico. Así que propuxémosnos desfrutalo ao máximo, a pesares das restriccións pola Covid. E a verdade é que o sitio axuda a desfrutalo ao máximo. Por non falarmos da paella…

-Finalistas do premio ‘Narf’ da Deputación da Coruña, cuxa final terá lugar esta fin de semana. Que supón para vós? Como afrontades esta recta final?

Para nós supón unha satisfación moi grande, ante todo porque é un concurso adicado a Narf, un dos maiores talentos que deu a música galega, e que tan cedo se nos foi. E logo está o feito de que sexa no Teatro Colón, que tamén ten o seu punto. Así que afrontámola con moitas gañas, e se aínda por riba podemos voltar a Ourense co premio, pois todo riquísimo.