Las gallegas Aldaolado publican nuevo disco: "Mazar é político, deixádevos de papar e mazade!"
Lucía Aldao y María Lado forman este proyecto que combina música, humor y poesía y que desarrollan en su nuevo álbum ‘Forestal’
18 febrero, 2023 06:00Lucía Aldao y María Lado forman Aldaolado, un proyecto de música, poesía escénica y humor, como ellas mismas lo definen, que lleva desde 2005 poniendo a la gente a “bailar poesía” desde los escenarios de dentro y fuera de Galicia. En el año 2020 sacaron su primer álbum de estudio, Casa!, y esta semana han publicado su segundo disco, Forestal, donde encontramos una mezcla de estilos musicales, con ritmos propios del pop, del trap, también del rock e incluso del country, formando así un “traje a medida” para los versos recitados por estas dos artistas gallegas.
Asimismo, las dos cuentan también con un largo recorrido de forma independiente, en el caso de Lado, con decenas publicaciones propias y colectivas a sus espaldas, así como traducciones y colaboraciones en medios, además de varios premios literarios como el Gala do Libro Galego por el poemario oso, mamá, si?, en 2016. Por su parte, Aldao publicó en 2018 su primer poemario Todo isto era noite y en 2021 su primer álbum en solitario, Pava. En formato libro publicaron juntas Ninguén morreu de ler poesía de la mano de Xerais.
En la semana en la que su último proyecto ha visto la luz logramos cuadrar una mañana para charlar frente al ordenador a tres bandas de su trayectoria, de Forestal, y también de por qué la poesía (aún), de la poesía como espacio de disidencia, del arte hecho en gallego o de los problemas monetarios de las y los creadores.
Pregunta: Esta semana publicastes Forestal, o voso segundo álbum de estudo, no tema que leva o mesmo nome falades da fraga e proclamades: "A estratexia é a alianza, todo o que nos xunta". Nese sentido, é este un disco feito dende a fraga, ou grazas a existencia da fraga? E, como podemos aliarnos?
María: A idea da fraga nace da idea da invisibilización histórica das mulleres. Por iso falamos de andar primeiro por unha fraga, e despois saír desa sombra. O disco, é o curro de Aldaolado en xeral, vai un pouco nesa línea, a de darnos visibilidade.
Lucía: Sí, o que propoñemos facer é entrar todas xuntas nese claro. Sempre imos con esa desvantaxe de andar soas e invisibilizadas, e nese sentido, falamos de unirnos, de crear comunidade, sororidade, e todas estas cousas que xa sabemos que son as que nos van a salvar.
P.: Levades traballando xuntas dende 2005 sobre os escenarios como Aldaolado, un proxecto que definides de música, poesía e humor, e no 2020 sacades o primeiro album de estudo xuntas, Casa! Que cambiou ou que non o fixo dende entón? E como estades vivindo o proceso da produción musical coa gravación dos discos? Preferides o estudo ou o escenario?
L.: O máis guai destes dous últimos anos foi a variedade de formatos, para nós tamén foi unha novidade que necesitábamos porque levábamos moito tempo traballando case exclusivamente do directo, e agora estamos disfrutando bastante de poder estar nos escenarios, que son o lugar propio de Aldaolado, pero tamén de estar funcionando coa banda. Foi unha evolución lóxica e necesaria.
M.: Para nós o traballo coa banda foi un salto grande e supuxo traballar de maneiras distintas. De súpeto somos máis xente achegando cousas, que é algo que mola moito. E no estudo tamén a experiencia é moi distinta a como estábamos facendo coas cancións, e nese sentido, poder contar con Mig Seoane aportando na composición foi una experiencia moi bonita.
P.: Por que a poesía (aínda), e por que recitar e compartir a poesía en directo?
M.: Nós somos poetas individuais, e temos estilos distintos, e a pesar de que levamos moitos anos xuntas non somos moi permeables como autoras, seguimos sendo moi individuais nas maneiras nas que escribimos, pero si que somos moi permeables despois sobre o escenario unha ca outra. Para nós a poesía non é necesariamente algo que deba escoitarse, pero cremos que a poesía ten outra dimensión cando tes a alguén enfronte que che recita un texto, e a experiencia de escoitar poesía en directo e moi distinta a da lectura solitaria. Ademáis, nós tamén necesitamos esa experiencia, para nós é importante recitar algo que nos fai falta nas nosas vidas. Se seguimos recitando despois de tantos anos é en parte porque estamos un pouco enganchadas.
P.: María, na publicación que fixeches nas redes falando do novo album dis "escoitade o disco e bailade poesía". Paréceme unha idea interesante porque a miúdo tendemos a facer separacións moi radicais entre disciplinas, por exemplo entre ciencias e letras, e tamén dentro das propias artes. Nese sentido, quizais vos sodes un exemplo de que esa separación non é tal, que vos levou a facer esta interrelación de disciplinas? Credes que hai un limite nesa mistura?
M.: Cando empezou Aldaolado co aquel primeiro bolo que se chamaba “Onde estea un cubata que se quite un soneto”, nuns ciclos que había de poesías e novas linguaxes nos museos de Galicia, xa introducimos aquela idea de bailar poesía, e é algo que nos interesa aínda moito. Ten que ver con que a xente está bailando algo que nin se quera sabe o que di. Ves a xente rindo e ti estás como: “A única razón pola que no me matei e porque escribín este poema e ti estas aí partíndote a caja”. É un contraste que nos gusta moito, e pensamos que logo iso queda no cerebro das persoas e algún día chega o entendemento, e din "merda, que é isto?". Nós poderíamos ter un disco gravado de nós recitando a palo seco, pero no che entra de maneira natural como cunha cancion. Se fas unha viaxe Coruña-Lugo escoitando a dúas pavas recitando a palo seco es una persoa con problemas.
L: Non hai ningún límite, non, e cando comezamos nós a intenación era precisamente apartar esas lindes que non son tal. Pero en realidade é algo que leva facendo a peña dende hai moitísimos anos. Laurie Anderson parécese moitisimo a bailar poesía, pero como nós vimos estritamente da poesía parecía que estábamos meténdonos noutros sitios, ou que estábamos invadindo, pero non: estamos xuntando, e polo tanto estamos enriquecendo. Ademais, o mellor aproveitamento que se pode facer das miserias alleas é bailalas.
P.: Ao ese respecto, na vosa música mestúranse tamén moitos rexistros e instrumentos, podería dicirse que ademais de coa voz, recitando, tamén xogades coas diferentes voces musicais? Qué músicas imos atopar en vós?
L: Forestal é un mix absoluto, é un prato combinado de estilos, de feito igual nos pasamos un pouco… pero paréceme interesante que Mig Seoane decidira optar por estilos diferentes, que cada canción fose un traxe a medida.
M.: Sí, tivemos sorte porque "Mig" é moi versátil como instrumentista, e como produtor tentou dende o principio que cada tema estivese feito a medida de cada un dos textos. Todo ten unha onda pop-rock máis ou menos en común, con momentos máis disonantes que poden recordar ao que fai él en IGMIG, sobre todo nalgunhas sonoridades. Por exemplo, Por que non nos volvemos bicar e medio country, e Odias a poesía medio trap, pero aínda sí todas teñen algo en común.
P.: Seguindo coa poesía, credes que a poesía pode ser un espazo onde habitar dende a disidencia ou dende o cal poñer sobre a mesa cuestións difíciles que nos atravesan?
M: A poesía é dos xéneros que ten unha visión máis positiva entre a xente. Se dis que es poeta a xente flipa, pero nadie vai dicindo por aí “eu son narradora”, a pesar de que as narradoras mercan coches da ostia… A poesía é como a máis elevada das escritas, pero despois, no mercado e no sistema esta moi invisibilizada, e é moi marxinal. E a poesía, como todas as artes máis minoritarias, é o sitio do marxinal, do que está nas marxes, e nós enriba de todo facendo poesía en galego…
L.: Sempre andamos dicindo que estamos nas marxes: poetas, en galego, mulleres… pero realmente nós non somos tan marxinais.
M: Non somos do máis marxinal, hai peña moito máis marxinal ca nós, pero si que é certo que todo se xunta, e a poesía como non é tan directa como outras escritas permite falar de moitas cousas facéndolo de maneira moi elegante, digamos, sen caer en evidencias. Podes falar de que rompiches coa túa parella sen que soe a redacción de instituto.
P.: Credes que existe a boa e a mala poesía? Que lle diriades á xente nova, ou non tan nova, que poida ter medo de escribir poesía sen coñecer as estruturas clásicas.
L: Toda a vida houbo peor ou mellor poesía, supoño. Esta ben coñecer os moldes clásicos e esa movida, pero a min por exemplo paréceme máis difícil facer verso libre. E para quen sinta moita distancia coa literatura máis clásica temos un século XX e XXI petadísimo de cousas marabillosas. Se che mola escribir non enganchar con algunha delas é como dicir que non che gusta ningunha música.
M: A xente debe escribir, hai cousas que só se aprenden facéndoas. Canto máis escribas máis aprendes a escribir, e máis fácil é atopar unha voz na que te sintas cómoda. Isto non che asegura que vaias ser boa o mala poeta porque quen sabe o que é bo e o que é malo, o concepto de bo e malo ten moitas arestas, para o mercado son boas unhas cousas que para moitas lectoras non o son. Eu dou moitos obradoiros de escrita e sempre lles digo que escoiten o que din as compañeiras, eu escribo canda as alumnas e escribo poemas de merda, porque os escribo en 10 minutos, e en 10 minutos todo o mundo fai un poema de merda, tamén Shakespeare. Pero escoitar e coñecer outras cousas dáche ferramentas, e se es capaz de ver "isto que escribín é un lugar común" porque todas fixemos o mesmo, podes buscar outra cousa que te faga máis orixinal ou te diferencie. Eu sempre animo a todo dios a escribir porque a única maneira de aprender e facéndoo.
P.: Respecto á lingua, que xa sacastes o tema, vou citar a Xela Airas, que dixo "que son conscientisima de que utilizar una lengua minoritaria me cierra puertas, que eso no me hará cambiar de idioma", que pasa coas portas ao falar ou escribir ou recitar en galego? Nese sentido, que implica empregar a lingua propia na arte, tamén con trazos dialectais, como reivindica por exemplo Nuria Vil.
M.: Por alusións… agora pode ser un pouco distinto, pero ata a década dos noventa as persoas que escribíamos en galego era por un claro compromiso coa lingua, coa cultura, e moitas veces por un compromiso tamén político, nese sentido amplo do que significa "política". Non era unha escolla de moda, digamos, senón unha escolla con conciencia. No caso dos trazos dialectais, tamén no meu caso é unha escolla con compromiso e con unha certa reivindicación política. Eu reivindico os meus trazos porque están fóra da norma e no quero que se perdan, represéntanme a min e as persoas do lugar do que eu procedo. E respecto as portas que se pechan.. creo que non as pechamos nós por falar en galego, catalán, vasco… ocorre por esa conciencia tan centralista que hai no estado español. Dende o punto de vista da literatura, o sistema literario español é moi pouco permeable cos outros sistemas que hai ao redor, aínda que é certo que normalmente as persoas que se adican á literatura teñen a sensibilidade suficiente como para que nós poidamos ir a recitar a Madrid en galego, aínda que nós tentamos falar a lingua do sitio cando imos fóra, e sempre facemos cousas traducidas para que a xente entenda todo do poema.
L.: Antes dicíannos: “Esto lo tenéis que hacer en castellano.…”. Pero agora moitas veces levamos máis cousas traducidas das que despois defendemos en directo porque a xente agradece escoitar outras linguas do estado que ademáis, no caso do catalán, asturiano e galego, comprende. Mesmo, ás veces se fala da inutilidade de aprender unha lingua, pero aprender sempre é útil, aprender a poñer unha lámpada… ou o que sexa, que lle pasa á xente con aprender?
M. Tamén o poderíamos facer en chinés, que é a lingua que máis falantes ten do mundo e venderíamos máis libros… ou en inglés, pero a min o chinés e o inglés non me representan moito. E si, aprender linguas dache tamén outra visión do mundo.
P.: Doutra banda, ás veces se fala da arte dende unha perspectiva separada do mundo material, como se a arte sucedese nun espazo aparte, vós tamén comentades que este disco foi posible grazas ao fondo Xacobeo da Xunta para proxectos culturais e, nese sentido, credes que o mundo no que vivimos deixa espazo para a creatividade? Como crear cando non hai tempo -e moitas veces tampouco cartos- para facelo?
L: Crear créase igual, para mostra: nós.
M: Pero un pouco máis estresadas.
L: O bo que temos as persoas en xeral é que se ti tes un interese grande por algo fas esforzos e renuncias. Se ti tes interese polo traballo creativo che vai comer moitas horas de sono, moitos estreses… esa idea de artista bohemio… haberaos en familias adiñeiradas e tal.
M.: Temos mala sorte porque aquí o apoio que hai é a proxectos moi concretos, que en parte está guay porque se non fora grazas ao fondo Xacobeo nós non poderíamos ter sacados dous discos. Toda a nosa poesía e música pagouna o Apóstolo Santiago. Pero si que é certo que sempre son apoios moi puntuais a proxectos moi concretos, porque non hai nin na sociedade, nin no estado, nin na política, conciencia de que a arte é un ben para a sociedade, e que as persoas artistas estamos aquí aportando algo. Eu viña dun colectivo no que recitabamos e traballabamos para cobrar por recitar porque quería que ese fose o meu oficio, non quería ser mestra e nos meus tempos libres mentras non corrixía exames ser poeta. Eu pensei que na pandemia a xente ía caer da burra, estivo todo dios lendo e vendo películas… pero non, abriron de novo os bares e fodeuse todo.
L: Ademáis había unha demanda. Nós non fomos durante os primeiros 10 anos de carreira chamando polas portas para que nos desen 50 euriños por recitar nin moito menos, había unha demanda grande de certo tipo de actividades, porque funcionaban ben. É era demasiado parecido a un traballo como para ter que ir fomentando esa precariedade e esas cousas.
M.: Ás veces a xente ten medo de pedir cobrar por actuar por se non lles chaman máis. E creo que ao facelo dignificamos o choio para todas. Iso non quere dicir que só salgamos da casa por diñeiro, nós imos recitar a moitos sitios gratis pero é a excepción, o normal é que se nos pague o noso caché para que despois podamos facer a compra cando volvamos.
P.: Noutra orde de cousas… hai uns días falaba cunha amiga da palabra "mazar", que lin varias veces nos libros de María Reimóndez e que vós tamén usades na canción Por que non nos volvemos bicar, onde a calificades de "vintage". A miña amiga díxome que agora se leva máis dicir "papar"… nese sentido, no sei se elixistes a palabra por algún motivo concreto, e aínda que creo que xa sei a resposta, vós sodes máis de "mazar" ou de "papar"?
L: Nós somos de mazar, porque nós somos señoras, e só podemos reivindicalo. Ademais estamos nunha idade na que non tivemos transición, pasamos de ser chavalas novas a chavalas que xa non son novas, nun só día. De súpeto é raro que esteamos tajadas nos garitos, é raro que estemos mazando nos garitos, é raro que digamos mazar… E non, todo isto perténcenos, estamos no lugar no que temos que estar, e facemos o que nos sae de dentro. Eu nótoo moitísimo, non sei se é algo da peña que estamos ao redor dos corenta, pero pasamos de ser peña nova e de súpeto xa nada é para nós. É un exemplo moi bestia de edadismo. Hai tres anos mazábamos nas portas dos sitios e non pasaba nada.
M: Agora tamén mazamos e non pasa nada.
L.: Non, non, pero hai que mazar máis! Non se ve a peña mazando pola rúa, e moito menos a peña que supere os trinta e pico. Nós, que traballamos tamén en institutos e con xente nova somos super permeables as expresións, e dicimos "papar" tamén, por suposto, pero mólame que este aí a palabra mazar. Mazar e político, hai que mazar. Deixádevos de papar e mazade!
P.: Por último quería preguntarvos se haberá xira, e se poderemos vervos en directo proximamente.
L.: En Urdime, na nosa produtora, están tentando poñer datas para Aldaolado coa banda, que é onde se poderá escoitar en directo temas de Casa!, de Forestal, e cousas novas que imos facer. E para o mes que vén estreamos o noso novo espectaculo "Sobre sorpresa", con temas deses discos pero sobre todo temas novos. Será moi bonitiño e divertido. Así que durante marzo, abril, maio e xuño estaremos on the road con bastante choio.