CeibaRimas, a competición de rap improvisado en galego chega a Santiago este sábado

CeibaRimas, a competición de rap improvisado en galego chega a Santiago este sábado @ceibarimas

Música

CeibaRimas, a competición de rap improvisado en galego chega a Santiago este sábado

No evento, que nace co obxectivo de fomentar o uso do galego, se poderá desfrutar de batallas entre os participantes e tamén dos concertos de diferentes artistas

2 octubre, 2023 15:58

CeibaRimas nace co obxectivo de fomentar o uso do galego entre a mocidade empregando o rap improvisado. Búscase crear un espazo creativo e imaxinativo no que a xente se atreva a rapear na nosa lingua, a rebatir a palabra dx rival, a improvisar con estímulos impostos… Para isto cóntase con xente tanto do rap, coma da música e da cultura galega en xeral. O xurado estará composto por High Paw, Marina de BratzAntifa, Álvaro Alvite de Fo Records, María Lado de Aldaolado e Nervo de Rebeliom do Inframundo e nos platos estará Señora DJ.

A "Liga CeibaRimas 2023" celebra este sábado a súa terceira edición nada Facultade de Ciencias da Comunicación. A primeira, no 2020 acolleu a 8 rapeirxs que, por mor da Covid, improvisaron desde as súas casas de xeito online. A segunda, no 2022, puido reunir a 16 participantes na primeira edición presencial que deixou a todxs con moi bo sabor de boca. Este ano, a falta de varios días para o evento, son 27 persoas as inscritas para improvisar. Semella que a proposta lanzada desde a organización de CeibaRimas anos atrás, empregar a lingua galega para rapear, comeza a dar os seus froitos.

As inscricións online están abertas a través da páxina web www.ceibarimas.gal, na que tamén se indican os requisitos de participación. Este formulario estará aberto ata 48 horas antes de que comece a competición e se algunha persoa quere inscribirse despois do peche, poderá facelo in situ no propio evento, antes do comezo da clasificatoria. A participación é aberta e de balde.

Programa do evento

  • 16:30 horas: A primeira parte do evento será a fase clasificatoria, onde de entre todxs xs participantes se elexirán ás 16 persoas que pasen á seguinte rolda.
  • 18:00 horas: serán os primeiros concertos do día no "Espazo de artistas emerxentes". Lidia L Chao, Aprendiz, VerterGz e AtrapGz son artistas que crean música urbana en galego, de todas as partes de Galiza e que presentarán os seus traballos.
  • 18:30 horas: comezo das batallas. As 16 persoas seleccionadas na fase clasificatoria iranse enfrontando en batallas eliminatorias de rap improvisado en galego, indo desde oitavos, cuartos, semis e final, onde se coroará á persoa gañadora da "Liga CeibaRimas 2023". No medio das batallas terá lugar un concerto de curta duración a cargo de Willow e despois de anunciar á persoa gañadora, as Bratzantifa serán as encargadas de poñerlle o peche a este evento.