O mellor legado para as futuras xeracións

O mellor legado para as futuras xeracións

La tribuna

O mellor legado para as futuras xeracións

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático da Xunta fai un repaso sobre como Galicia está no bo camiño para acadar o obxectivo de neutralidade climática no 2050

8 julio, 2023 10:43

A carta de Estocolmo sobre o medio humano de 1972, que é un elemento imprescindible para enfocar ben a acción política en materia de clima e que, de feito, é a orixe do acordo de París de 2015, recoñece a capacidade científica e tecnolóxica da raza humana para transformar canto lle rodea.

Se esta capacidade se utiliza con discernimento, pode levar a todos os pobos os beneficios do desenvolvemento e ofrecerlles a oportunidade de ennobrecer a súa existencia. Pola contra, a súa aplicación errónea ou imprudente pode causar danos incalculables e, incluso, irreparables, ao ser humano e á súa contorna.

Esa é a premisa da que parte a proposta da lei do clima de Galicia. Podemos, debemos e queremos asegurar un clima na nosa Comunidade que posibilite o desenvolvemento e que transcenda o meramente declarativo para converterse nunha realidade de facto.

Cómpre lembrar que a Xunta leva anos traballando en cuestións relativas ao clima e á enerxía e xa comezan a percibirse os resultados. É así que somos a Comunidade autónoma que máis reduciu as súas emisións de gases de efecto invernadoiro e a primeira en captura de carbono.

Isto podería considerarse, de por si, como a aportación de Galicia no contexto global, europeo e nacional cara ao cumprimento do obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2050 xa que, a día de hoxe, a redución rexistrada na nosa Comunidade – un 34% desde 1990- está por riba do recentemente revisado compromiso do Estado de reducir un 32% as emisións GEI en 2030.

Pero non nos conformamos. A nova lei aposta por elevar o rango do obxectivo de estratéxico a legal e, en consecuencia, deseñar a acción política da Xunta en torno ao reto de acadar unha Galicia neutra en emisións no ano 2050.

A lei nace dun pormenorizado diagnóstico de situación e dun exhaustivo estudo de proxección, o que a converte nunha potente ferramenta estratéxica para situar a Galicia nunha posición competitiva no marco do desenvolvemento socioeconómico e nun mecanismo de garantía para as xeracións futuras.

A planificación xa está en marcha. As políticas do Goberno galego xa están aliñadas a este obxectivo. Pero neste reto que afrontamos tamén é fundamental a implicación de todos e cada un dos sectores que conforman a nosa sociedade e a actitude e conciencia da cidadanía, porque cada pequeno detalle conta na loita contra o cambio climático.

É por iso que a lei prevé que a perspectiva climática impregne toda a acción social na nosa Comunidade, de arriba a abaixo e de abaixo a arriba, para que non quede ningunha dúbida sobre o que queremos ser hoxe e mañá: unha Galicia verde e azul amada polos seus e desexada polos alleos. É o mellor legado que podemos deixar ás xeracións futuras.

José Luis Falcón, propietario de A Boa Vida.

A Boa Vida Chiringuito: gastronomía, cócteles, música y un "solete" en A Illa de Arousa

Anterior
Nuevo requisito para despedir: el trámite de audiencia

Nuevo requisito para despedir: el trámite de audiencia

Siguiente