Isabel Faraldo, candidata de Podemos á Xunta

Isabel Faraldo, candidata de Podemos á Xunta

Galicia

Isabel Faraldo: "Podemos representa a verdadeira esquerda"

A candidata de Podemos á Xunta de Galicia confía nas urnas, e non nas enquisas, polo que espera obter representación e entrar no Parlamento de Galicia e que Podemos non sexa "invisivilizado" por outras forzas políticas de esquerda

11 febrero, 2024 05:00

Isabel Faraldo encabeza a lista de Podemos a Presidencia da Xunta, unha formación política a que pertence dende a sua creación no ano 2014. Foi portavoz de Podemos na Coruña, onde tamén chegou a ser concelleira. Tras a saída de Xiao Varela, da Marea Atlántica, Faraldo entrou en María Pita como edila no adscrita para dar voz a Podemos. Unha voz que agora quere levar ata o Parlamento galego.

As enquisas non son moi alentadoras para esta formación de esquerda, que se presenta separada de Sumar. Unha división de partidos da esquerda que xa houbo tamén nas eleccións municipais na Coruña, onde a Marea Atlántica e Por Coruña concurriron por separado, e ninguna delas obtivo representación.

Tras participar no debate electoral esta semana, Faraldo aténdenos para falar sobre un proxecto político de esquerda que defende e que co espera poder entrar no Parlamento galego para así dar voz á xente desconoñecida coma ela.

O luns participou no debate electoral. Que tal foi? Que valoración fai?

Iamos a ese debate para visibilizarnos como proxecto político, sobre todo ante o apagón mediático que vivimos, (nalgúns medios non aparecemos e noutros incluso ocultan que Podemos se presenta as eleccións galegas). O que se viu é que Podemos ten un proxecto para Galicia. Preséntome con esa responsabilidade pero tamén con esa convicción. No debate estiven tranquila e cómoda como candidata de Podemos, porque sei que defendo un dos proxectos máis decentes deste país.

Cal é o proxecto de Podemos para Galicia? Cales son os seus principais eixes?

Os principais eixes estarían, primeiro, na defensa dos servizos públicos, entre eles a sanidade publica. É unha xoia que se está desmantelando ano tras ano e condenada a agonía, tal e como quedou de manifesto na protesta en Santiago onde miles de cidadáns saíron a defender a súa sanidade. Por que? Porque os recortes poden traducirse en listas con máis de 40.000 persoas esperando por unha intervención, falta de persoal… É o que temos que reverter, empezando por eses 2.000 millóns recortados na Atención Primaria. Outro dos servicios públicos é o que se refire a Lei da Dependencia. Tamén a Educación Pública, con máis de 145 centros escolares pechados en Galicia.

Despois, tal e como amosan os galegos, está a preocupación pola vivenda, cunha escalada de prezos dramática. E por outra banda, o emprego, moi vinculado ademais a industria. E en Galicia ten un nome propio: Alcoa. E, por último, o tema das macroeólicas. O que din as plataformas: eólica si, pero non con impacto medio ambiental. Hai unha superprodución de enerxía eólica en Galicia que nos permite deseñar de forma sostible e ordenada a implantación de parques eólicos en Galicia.

"É o momento de defender un proxecto no que cremos e que non pode ser invisibilizado por outras forzas"

As enquisas publicadas ata o momento non lle dan ninguna representación a Podemos, cre que a división da esquerda, ao non ir xunto con Sumar, pode perxudicarlles? Por qué non concurriron xuntos?

Hai dous proxectos moi diferentes. Sobre o noso, só podo dicir que Podemos representa a verdadeira esquerda, porque nunca apoiará nin avalará recortes para a clase traballadora nin perda de dereitos para a cidadanía. As urnas son as verdadeiras enquisas, estamos acostumados a ver enquisas favorecedoras que caen, e o revés. Nós sabemos que ata o último minuto hai partido e imos traballar para ter representatividade no Parlamento de Galicia, porque a voz da xente común ten que estar nas institucións.

La candidata a la Presidencia de la Xunta de Galicia por Podemos, Isabel Faraldo,y la secretaria general de Podemos, Ione Belarra.

La candidata a la Presidencia de la Xunta de Galicia por Podemos, Isabel Faraldo,y la secretaria general de Podemos, Ione Belarra. Fernando Sánchez- EP

Nas municipais da Coruña a esquerda xa se presentou dividida: Marea Atlántica, por unha banda, e pola outro foi Por Coruña. Ninguna formación obtivo representación. Non aprenderon nada e non tomaron nota para estes novos comicios?

Tomamos nota dunha cuestión moi básica: Podemos vai cedendo xenerosamente o seu caudal e este é o momento de defender un proxecto no que cremos e que non pode ser invisibilizado por outras forzas. Polo tanto, máis alá da cuestión identitaria, Podemos se presenta ás eleccións.

A esquerda concurre dividida as eleccións galegas. Como vai convencer ao electorado de esquerdas de que Podemos é a opción pola que teñen que decantarse?

O noso propio lema de campaña fala desa situación: por riba de todo está defender as túas ideas. Calquera cidadán de Galicia ten que pensar neste momento no que quere cambiar. Se busca unha formación de esquerda transformadora, valente, que non cale, que este disposta a cumprir o programa… é Podemos. Por outra parte, estamos acostumados a ter que esforzarnos e sacrificarnos moito para obter resultados, e non imos rendernos.

"Imos traballar para ter representatividade no Parlamento de Galicia

Cal sería un bó resultado para Podemos nestas eleccións?

O mellor resultado para Podemos é sacar o PP do Goberno. Se o día 18 Galicia cambia de goberno, para nós ese será o mellor resultado; porque vemos as políticas nefastas dos gobernos de Rueda, Feijóo, Fraga… E imos traballar para arrimar o noso ombreiro nesa dirección.

Cal sería a primeria medida que levarían ao Parlamento de Galicia?

A primeira medida sería relacionada coa sanidade pública. É urxente reverter as políticas do PP, investir en Atención Pública e contratar persoal no Sergas.

No debate electoral dixo ser unha descoñecida para o público e presentouse como una cidadá de a pé. Como é Isabel Faraldo?

Isabel Faraldo é unha cidadá que no 2014 pasou de indignada a dar un paso para converter esa indignación ante unha situación na nosa sociedade, e a mellor ferramenta que atopei foi esa formación nova que nacía, e para min a máis decente, que é Podemos. Sei que son unha descoñecida, pero son as descoñecidas coma min as que teñen que estar nas institucións porque son as que teñen a voz real do pulso da sociedade.