O reitor da UDC, Julio Abalde

O reitor da UDC, Julio Abalde

Educación

Julio Abalde, reitor da UDC: "Fixemos en dous anos o que tiñamos previsto facer en catro"

O luns arranca un novo curso universitario no que se recupera o 100% da presencialidade despois de dous anos marcados pola pandemia. Para o reitor da UDC, o Covid permitiu acelerar a dixitalización da Universidade, que se sitúa entre o 5% das mellores do mundo: "É todo un recoñecemento"

2 septiembre, 2022 06:00

O luns comeza un novo curso universitario marcado pola volta a normalidade despois de dous anos de pandemia do Covid. O alumnado e o profesorado da Universidade da Coruña (UDC) regresa as aulas coa ilusión de recuperar a práctica normalidade anterior a irrupción do coronavirus.

Este ano, a Universidade da Coruña incorpora novidades e ofrece dous novos graos, o Grao en Intelixencia Artificial, na Facultade de Informática, no Campus de Elviña, e o Grao en Relacións Internacionais, na Facultade de Humanidades e Documentación, no Campus de Ferrol. Duas formación que, como recoñoce o reitor da UDC,Julio Abalde, tiveron moi boa acollida entre o alumnado. Estas duas formaciones sumanse a outras titulacións que foron incorporadas nos últimos anos a oferta académica desta universidade. Con todas elas, di Abalde, "fomos capaces de captar as necesidades formativas da sociedade".

A UDC da comezo a un novo curso situándose entre o 5% das mellores universidades do mundo, segundo o último ranking del CWUR. Aínda que recoñoce que esta posición "e un bo dato" para a Universidade, Julio Abalde valora por enriba de todo a mellora continuada da UDC.

O luns arranca un novo curso universitario no que se volve prácticamente a normalidade, pero que medidas preventivas vai manter a UDC neste curso?

Na UDC vanse manter as medidas xerais que se recomendan para toda a sociedade, no que se refire a hixiene e mantemento das condicións sanitarias; e naqueles casos nos que haxa aglomeracións ou densidade moi alta de xente nun determinado espazo pois recomendarase o uso da máscara de modo voluntario e opcional. Tamén seguiremos facendo un seguimento para ver se en algún caso se produce situacións complexas e tomar algún tipo de medidas.

Volve a presencialidad ao 100%, vaise manter nalgún caso a formación online?

Non, a formación vai ser presencial. O único que esas ferramentas e tecnoloxías van estar dispoñibles para a comunidade universitaria da Universidade da Coruña, e polo tanto poderán ser utilizadas para determinadas metodoloxías, pero sempre é unha decisión do profesorado en función das metodoloxías docentes que apliquen; e tamén se usarán en temas puntuais nos que non se poidan facer presencial como tutorías, traballos en grupo, reunión e outro tipo de cuestións.

Despois de dous anos marcados polo Covid, que obligou a universidade a facer cambios e adaptacións, cal foi a aprendizaxe da UDC nesta pandemia?

A aprendizaxe que podemos sacar e que a universidade está preparada para facer fronte a unha situación tan complicada como foi a pandemia; e por outro lado, a responsabilidade de toda a comunidade que nunha situación tan complicada compliu os protocolos que se puxeron enriba da mess. Creo que esto permitiunos dar un salto moi importante dende o punto de vista de despliegue, e sobre todo de coñecemento destas novas metodoloxías que veñen para quedarse como complemento da docencia presencial. Fixemos en dous anos o que tiñamos previsto facer en catro ou cinco; o que nos coloca nunha posición moito mais ventaxosa da que tiñamos antes da pandemia.

"Estar entre o 5% das mellores universidades do mundo é un bo dato para a Universidade da Coruña"

Neste curso dan comezo novas titulacións como Relacións Internacionais en Ferrol e Intelixencia Artificial na Coruña, como está sendo a acollida entre o alumnado?

Moi boa, estamos moi satisfeitos. Non só a novas titulacións que se poñen en marcha este ano, se non tamén todas aquelas que se foron incorporando a oferta académica nos últimos anos. Creo que fomos capaces dende a Universidade de captar as necesidades formativas que había tanto dende o punto de vista dos estudantes, que querían formarse, como tamén do sector social en xeral, que as reclamaba. Estamos tendo moi boa acollida.

Tanto Intelixencia Artifical, no campus da Coruña, como Relacións Internacionais, en Ferrol, encheron a sus prazas xa nas primeiras convocatorias. É unha boa resposta, para nos e satisfactorio que sexamos capaces de conectar coa sociedad e darlle a oferta formativa que necesita.

Precisamente, tanto Intelixencia Artifical como Relacións Internacionais pecharon cunha nota de corte superior o 9, sen dubida e un impulso e xera grandes expectativas.

Eso tamén está pasando en Deseño Industrial da Moda, e pasou tamén en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, en Ciencia e Texnoloxía de Datos… Por tanto, en todas as titulacións que puxemos enriba da mesa estamos tendo a mesa resposta, e estamos satisfeitos coa oferta e o longo recorrido da mesma.

Apenas faltan uns días para o inicio do novo curso. Quedan prazas libres?

Si, quedan prazas libres; e cando remate o chamamento da CIUG poñeremos a libre matriculación dos estudantes que queiran matricularse nalgunas das titulacións. Quedan relativamente poucas.

Os últimos rankings publicados que miden a calidade educativa situaban a UDC no número 35 a nivel nacional e entre o 5% das mellores universidades do mundo. Que supón para o reito da UDC este logro?

Realmente estamos na situación que nos corresponde en función do noso tamaño e número de estudantes e profesorado. Mais alá, o que significa é un recoñecemento para o traballo de todo o profesorado, persoal e a comunidade da Universidade. Estes ránkings que valoran a investigación o que poñen de relevancia é a mellora do ratios de investigación da UDC, o que nos axuda a continuar nas nosas políticas de incentivación da investigación, e sobre todo da captación de talento novo. A nós, nos ránkings, non nos interesa tanto a posición, senón que o que nos indica todos os seguimentos do ránking é que se produce unha mellora continuada en todos os indicadores da Universidade da Coruña. Creo que estar entre o 5% das mellores universidades do mundo é un bo dato para a Universidade da Coruña.