A conselleira de Economía e Industria María Jesús Lorenzana

A conselleira de Economía e Industria María Jesús Lorenzana

Economía

A Xunta presenta a Oficina Económica na Coruña: "Queremos falar de ti a ti coas empresas"

Publicada

Contenido patrocinado

Do martes 19 ao xoves 21 de novembro, A Coruña será a sede da Feira pola Empresa e o Emprego, un evento pioneiro organizado pola Escuela Universitaria de Relaciones Laborales de A Coruña (ERLAC), coa colaboración da Xunta de Galicia. O Igape presentará alí a Oficina Económica de Galicia por primeira vez na área da Coruña, unha "moi boa noticia para A Coruña e, por suposto, para o resto de Galicia", valora a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, que detalla como esta entidade permitirá "facer da Administración unha aliada do tecido empresarial".

A Feira pola Empresa e o Emprego representa unha oportunidade única para coñecer a realidade das empresas e o mercado laboral, no marco dun espazo de intercambio dinámico, idóneo para propiciar os intercambios profesionais e o networking e debater sobre os temas clave na actualidade: dixitalización, produtividade, sustentabilidade, intelixencia artificial e desenvolvemento do talento.

Durante estes tres días, os asistentes poderán participar en diversas actividades deseñadas para promover sinerxias e fomentar o desenvolvemento laboral na Coruña e Galicia. "Son encontros sumamente produtivos, tanto para empresas, startups, como para o público en xeral, porque permiten o intercambio de experiencias, coñecer casos de éxito e boas prácticas, e achegarse ás últimas tendencias do mercado nun entorno dinámico e colaborativo", indica a conselleira.

Oficina Económica de Galicia

Oficina Económica de Galicia Xunta

Preséntase a Oficina Económica de Galicia na Coruña e desde abril xa levades máis de 10.000 consultas, que suporá para a área económica da Coruña?

É una moi boa noticia para A Coruña e, por suposto, para o resto de Galicia porque a Oficina Económica de Galicia permite que as empresas teñan acceso a un punto de atención personalizado onde atopar o que precisan: asesoramento e acompañamento para a posta en marcha dos seus proxectos.

O que pretendemos é desburocratizar os procedementos administrativos e dar unha resposta áxil e rápida. A idea é converternos nunha Administración amigable e achegar solucións personalizadas a empresas e emprendedores.

É dicir, queremos falar de ti a ti coas empresas, facer da Administración unha aliada do tecido empresarial. Ese é un dos obxectivos da nosa estratexia económica: que a empresa estea no centro das nosas políticas.

O mellor síntoma de que era moi necesario poñela en marcha é a boa acollida que está a ter. Desde a súa entrada en funcionamento en abril, como ben dis, atendeu xa máis de 10.000 consultas, e case un 80% foron resoltas no acto. Tamén se concertaron 450 reunións de asesoramento empresarial, entre outros asuntos, para abordar máis de 160 proxectos de especial relevancia para Galicia, dos que máis do 42 por cento corresponden a proxectos e iniciativas da provincia da Coruña.

En que beneficiará á Coruña e á Galicia o programa do Igape que especializa 50 mozos e mozas en comercio exterior?

O programa de bolseiros de internacionalización achega formación práctica en comercio exterior que se pode levar a cabo no estranxeiro ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial. Contribúe á capacitación profesional de novos titulados no ámbito da internacionalización empresarial ao tempo que mellora a súa empregabilidade.

Desde a súa posta en marcha, beneficiáronse deste programa 400 novos titulados galegos, que se especializaron en comercio exterior mentres colaboraron coa internacionalización das empresas de Galicia desde mercados tan dispares como Filipinas, Canadá, Estados Unidos, China, Australia, Corea do Sur ou Emiratos Árabe, entre outros.

É unha iniciativa moi acaída nun momento en que Galicia está acadando as mellores cifras da súa historia en exportacións. O pasado ano superáronse por primeira vez os 30.000 millóns de euros, dos que preto de 13.500 M€ corresponden á provincia da Coruña. E este ano está a deixarnos datos similares: o balance ata agosto, último dato coñecido, arroxa unha cifra exportadora acumulada de 20.093 M€, o que supón un crecemento interanual do 2,9%.

"A Xunta de Galicia quere incorporara a IA aos procesos das empresas de maneira que destinaremos máis de 11 millóns de euros para apoiar ás pemes que non deron o salto".

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria

Que sectores pretende favorecer A Xunta coa creación e desenvolvemento da área específica de innovación no ámbito industrial e que impacto terá na Coruña e Galicia?

Con esta nova área de innovación no Igape queremos favorecer os sectores estratéxicos da nosa economía, tradicionais e emerxentes, poñendo énfase no desenvolvemento de
tecnoloxías avanzadas como a intelixencia artificial.

Neste senso, a Xunta de Galicia quere incorporara a IA aos procesos das empresas de maneira que destinaremos máis de 11 millóns de euros para apoiar ás pemes que non deron o salto para que contraten a empresas ou centros tecnolóxicos que lles axuden a integrar nos seus procesos esta tecnoloxía.

O obxectivo é mellorar a competitividade das empresas galegas incentivando a innovación aberta, que permita conectar diferentes actores do tecido empresarial, tendo en conta que a innovación é un obxectivo transversal a toda a industria.

Ao respecto, gustaríame facer mención a unha serie de sectores que son estratéxicos para a provincia da Coruña nos que é importante facer fincapé por ser tractores no resto do país, como son o sector téxtil, o contract, o biotecnolóxico ou o sector TIC. Neste último caso, cómpre destacar que, coa Aesia, A Coruña está moi ben posicionada a nivel nacional no ámbito da intelixencia artificial.

"Para o crecemento de Galicia, da súa economía e da súa industria, as empresas son vitais e é responsabilidade das administracións facilitarlles as condicións apropiadas".

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria

Que liñas estratéxicas ten o seu departamento para o desenvolvemento do potencial económico da Coruña e de Galicia?

A Consellería de Economía e Industria ten como prioridade apoiar o crecemento do noso tecido produtivo e incrementar a inversión estranxeira e española en Galicia. Para conseguilo, apostamos de xeito firme e decidido pola axilización dos procesos de asentamento das industrias, poñendo a súa disposición solo de xeito áxil e barato e co impulso de novas figuras de aceleración das tramitacións administrativas. Tamén abaratando os custos enerxéticos que lastran a competitividade das nosas empresas tanto aquí, en Galicia, como no resto de España.

Porque para o crecemento de Galicia, da súa economía e da súa industria, as empresas son vitais e é responsabilidade das administracións facilitarlles as condicións apropiadas. A Lei de recursos naturais de Galicia, aprobada hai unhas semanas, vai nesa liña, non desaproveitar a nosa riqueza, é un erro. O aproveitamento dos nosos recursos naturais debe xerar un retorno, tanto para a cidadanía como para a industria e para ás empresas, de modo que poidan ver reducida a súa factura eléctrica. Por outro lado, esta lexislatura é a lexislatura da desburocratización.

Por que son produtivos e interesantes encontros como este? Tendo en conta deste a singularidade de que é un congreso de tres días.

Creo que este tipo de foros empresariais son especialmente interesantes para o networking e para establecer relacións de negocio. Son encontros sumamente produtivos, tanto para empresas, startups, como para o público en xeral, porque permiten o intercambio de experiencias, coñecer casos de éxito e boas prácticas, e achegarse ás últimas tendencias do mercado nun entorno dinámico e colaborativo. Son todo un acerto.