Carme da Silva, candidata del BNG al Congreso por Pontevedra.

Carme da Silva, candidata del BNG al Congreso por Pontevedra. Cedida

Ofrecido por:

Galicia

Carme da Silva: "A condición que poñemos a calquera Goberno do Estado é que Galiza conte"

A candidata ao Congreso polo BNG en Pontevedra pide á sociedade galega que confíe no Bloque Nacionalista como alternativa a un Goberno de dereita ou de extrema dereita, para que Galiza estea entre as prioridades do Estado

16 julio, 2023 05:00

A candidata do Bloque Nacionalista Galego ao Congreso pola provincia de Pontevedra móstrase como "a única alternativa" para que o próximo Goberno do Estado non estea liderado pola dereita e a extrema dereita, nun pacto que se presume necesario se Feijóo non acada unha maioría absoluta que non lle otorgou ningunha enquisa ata agora. Non obstante, aínda que este éun dos puntos que máis destaca o BNG, fai fincapé tamén na necesidade de que Galiza estea representada nas Cortes por unha forza que considere "prioritarias as necesidades da sociedade galega".

Concelleira histórica en Pontevedra como parte importantísima do Goberno de Miguel Anxo Fernández Lores, afrontaría agora unha nova etapa política en Madrid.

Que supón para vostede encabezar a lista do Congreso por Pontevedra?

Primeiro moitísima moitísima ilusión por poder ser unha das persoas que represente a Galiza, a todas esas persoas que queren este país no Congreso dos Deputados. Un orgullo enorme e unha ilusión grandísima.

Que diferencia marca para Galicia presencia do BNG ou Congreso? Por que é importante que o BNG estea no Congreso e no Senado?

Loxicamente, o Bloque Nacionalista Galego non aspira a presidir o Goberno do Estado: somos unha forza política de ámbito galego que nos debemos a Galiza. O que agardamos é que a sociedade galega confíe en nós precisamente para iso: para que haxa unha voz que defenda os intereses de Galiza no Congreso e para que teñamos capacidade de decidir nese próximo goberno que sairá das eleccións do 23 de xullo; para que as cuestións que afectan os galegos e as galegas estean na primeira liña, que sexan prioritarias, porque cando non está o BNG, cando Galiza non ten unha voz propia, pasan a estar no furgón de cola.

Non é a primeira vez que forman parte de Goberno e xa se fixeron moitas cousas, pero aínda quedan moitas outras por facer. Que é o que máis urxe para a provincia de Pontevedra?

O primeiro e máis importante, que é fundamental e que levamos agardando moitísimo moitísimo tempo, é a transferencia da AP-9, que sexa por fin Galega e libre de peaxe. É unha transferencia que as forzas políticas do bipartidismo centralistas, en Galiza tanto PP como PSOE votan a favor desa transferencia e cando presiden o Goberno do Estado, tanto PP como PSOE, alí as vetan. Os galegos e as galegas pagamos moitísimas veces a AP-9, é unha vía de comunicación fundamental para o desenvolvemento económico tamén do país e que ao final supón tamén un lastre. Precisamente para para que funcione como un vial fundamental de comunicación e de desenvolvemento económico é xusto que sexa libre de peaxes,é unha cuestión moi importante.

O sistema ferroviario é outra prioridade que temos: necesitamos a conexión de alta velocidade con Portugal. Para Galiza é unha prioridade esa conexión, ese corredor que nos conecte con Porto e con Lisboa, de alta velocidade, pero ten que ter Galiza unha voz que decida en Madrid porque desde Madrid a prioridade é a conexión de Madrid con Lisboa; para o desenvolvemento socioeconómico de Galiza a prioridade a ten a conexión de Galiza con Porto e Lisboa.

En Pontevedra tamén é importante a rexeneración das vías e do seu litoral. Estamos sempre falando de emerxencia climática, do cambio climático, da necesidade de coidar o noso medio, e a rexeneración de rías e á recuperación do noso litoral é tamén unha cuestión absolutamente prioritaria, como pode ser ver a ría de Pontevedra libre de Ence e desenvolvendo todo o seu potencial.

Podería seguir así, falando moitísimo tempo porque son moitas as cuestións pendentes con Galiza despois de moito tempo de discriminación e que necesitamos con urxencia ter capacidade de decisión para poñelas en marcha.Falamos tamén da tarifa eléctrica galega, dunha transición enerxética xusta porque producimos enerxía que ten que repercutir en Galiza economicamente, non só os custos sociais e ambientais. Neste momento temos un boom eólico por terra e por mar.

A verdade é que son moitas as cuestións, por iso dicíache que tiña moitísima ilusión por poder empezar a traballar en todas elas.

Volvendo a AP-9, o último que sabiamos era que estaba a piques de conseguirse esta transferencia e coa disolución das Cortes paralizouse todo proceso. Como poder BNG facer un pouco de presión outra vez para recuperar un proxecto que xa estaba moi avanzado?

É unha historia que se repite lexislatura tras lexislatura: proposición de lei por iniciativa do BNG, aprobase por unanimidade no Parlamento Galego, trasládase ás Cortes de Estado. Gobernando agora PSOE e Podemos bloqueouse que se tramitase coa urxencia necesaria esa transferencia, e con anterioridade gobernando o Partido Popular vetouse por parte do Congreso tamén á súa tramitación. Non deixa de ser sorprendente que Ana Pastor diga que se goberna o PP se fará esa transferencia de forma inmediata e que se tramitará, cando sendo ela presidenta do Congreso, vetou ela a tramitación desa proposición de lei. É unha historia que se repite.

Temos que ter capacidade de decisión con grupo galego forte, para que a transferencia da AP-9 se tramite, para poder condicionar desde Galiza a transferencia da AP-9; doutro modo vai seguir vetada polo bipartidismo.

Como se espera que afecte o cambio de pensamento visto nas últimas eleccións municipais aos resultados do 23 de xullo?

A verdade de que nós nos plantexamos sempre obxectivos ambiciosos, obxectivos políticos de país, pero obxectivos realistas. Dixemos nas eleccións galegas de 2020 que iamos ser alternativa ao Partido Popular e o respaldo da sociedade de galega, e colocounos como segunda forza política no Congreso, sendo neste momento a alternativa a un goberno do Partido Popular. Nas eleccións municipais dixemos que iamos ser a forza política que máis medrase, que non nos poñemos límites cando lle trasladamos as nosas propostas a sociedade galega e, efectivamente, nas eleccións municipais o BNG foi en Galiza a forza política que máis medró en número de concelleiros e concelleiras.

Con ese mesmo respaldo nas eleccións do 23 de xullo teríamos un grupo galego forte, non nos poñemos límites e o que lle trasladamos a sociedade galega é que este país ten futuro, que confíe nas nosas posibilidades, que confíe no BNG que non vai defraudar. Que vote con esperanza, con ilusión e con alegría de que somos capaces de conseguir os retos que nos poñamos por diante.

E cre que este adianto electoral vai favorecer efectivamente esa continuidade dun goberno de esquerdas? Co apoio de BNG en caso de que sexa necesario?

Nós sempre estamos preparadas e preparados para ofrecer á sociedade galega un proxecto serio e un proxecto de futuro, un proxecto pensado desde Galiza e coa única prioridade en Galiza: temos as mans libres para defender os intereses de Galiza. Nós non recibimos órdenes de Madrid, nós somo temos que seguir as necesidades e as demandas do pobo galego. A partir de aí eu agardo que o 23 de xullo o BNG consiga ese grupo galego forte para poder ter capacidade de decisión.

Ademais, tamén queremos trasladar á sociedade galega que vai servir de parapeto e de muro de contención á dereita e á extrema dereita: o BNG nunca facilitará un goberno de dereita e da extrema dereita. Sabemos moi ben en Galiza quen é Feijóo, sabemos a herdanza tremenda que nos deixa en Galiza e o que lle dicimos á sociedade galega é que confíe en si mesma, que confíe en que somos un pobo capaz de acadar os retos que nos poñemos por diante e que con esa esperanza e con esa ilusión podamos ter un grupo galego que condicione en beneficio de Galiza o futuro Goberno, e que ademais sirva de freno para o avance dunha dereita que nos quere recortar dereitos democráticos, sociais, laborais e nacionais.

Creo que coñezo entón a resposta da seguinte pregunta: o BNG apoiaría de novo un goberno do PSOE para acadar esa maioría?

Desde logo, o BNG nunca nunca facilitará un goberno da dereita e da extrema dereita no Estado español. Apoiamos a investidura de Pedro Sánchez no 2019 porque conseguimos nesa negociación compromisos importantes para Galiza, como pode ser a rebaixa do 50% na peaxe da AP-9. A condición que nós sempre poñemos a calquera goberno no Estado español é que Galiza conte, que Galiza non estea discriminada, que os problemas dos galegos e as galegas pasen a ser dos primeiros da lista e non dos últimos. Pero tamén lle dicimos á sociedade galega que sabe perfectamente que o BNG nunca vai permitir un goberno da dereita ou da extrema dereita: no que de nós dependa, a dereita e a extrema dereita non van gobernar o Estado español. Exactamente igual que facemos sempre en Galiza, exactamente igual que somos neste momento alternativa para que en Galiza deixe de gobernar o Partido Popular, deixe de truncar o futuro deste país e a partir das próximas eleccións galegas haxa un goberno galego que mire, igual que a sociedade galega, o futuro con optimismo.

Cales serían estas condicións para a próxima lexislatura?

Wue Galiza conte, que teña un trato xusto, que non teña un trato discriminatorio, que cando se fala das infraestruturas que necesitamos en Galiza para desenvolvernos, a rexeneración das nosas costas se do noso litoral… que conten e que estean arriba de todo. Queremos que pasen a ser cuestións de Estado porque son importantes para Galiza, pero non se ven como importantes desde Madrid, que fai que teñan outros territorios un trato favorable e a nós sistematicamente nos discriminan. Que teñamos investimentos que precisamos, que haxa un financiamiento do Estado español que se corresponda coas necesidades que teña o territorio. A única condición que lle poñemos a calquera para que conte co BNG é que Galiza conte, que Galiza non estea discriminada, pero tamén sabendo que nós nunca imos favorecer que haxa no Estado español un goberno de dereita ou de extrema dereita.