O que nos gustan os palabros aos de marketing…

O que nos gustan os palabros aos de marketing…

Opinión

O que nos gustan os palabros aos de marketing…

Unha reflexión sobre a tendencia dos profesionais do marketing a inventar termos e palabras para todo.

10 abril, 2021 11:49

Hoxe lín un artigo onde nos acusaban, con argumentos todo hai que dicilo, aos de Marketing de inventármonos ‘palabros’ que non entende niguén e que o único que fan é incrementar orzamentos e vender fume. E teño que recoñecer que o meu espírito contradictorio púxose a traballar con axilidade e case me estoupa a cabeza buscando unha postura firme sobre o tema que, por suposto, defendera a nosa profesión por riba de todo… e téñovos que confesar que nun inicio non o logrei.

Por unha parte, non podo estar máis de acordo en que abusamos na nosa profesión de crear novos conceptos e ‘palabros’ que queren dicir o mesmo, pero dun xeito máis ‘cool’… Por qué se fala de Customer Experience cando tiñamos unha idea preciosa chamada ‘momentos da verdade’? Que aporta o Inbound Marketing que non estivera xa reflexado no paradigma do Marketing Relacional?… E o colmo do absurdo: o Perching. Dícese da acción de buzoneo que consiste en facer un folleto cun buraco no medio e que se deixa nos pomos das portas do público ao que queremos impactar.

É difícil que a xente sepa para qué serve o marketing, como unha disciplina global, se ademáis lle poñemos apelidos absolutamente para todo. Visto así, parece que non temos moita defensa posible.

Pero por outra banda, hai argumentos que defenden esta necesidade de innovar que temos no noso sector.

  • Primeiro, que somos de marketing, levamos na nosa sangue tratar de presentar dun xeito diferenciador aquelo que queremos transmitir. Se non, cal sería a gracia do noso traballo?
  • Segundo, que as veces ata melloramos as cousas, simplificamos os conceptos. Por exemplo, quen se acorda de ATL e BTL, qué ben millor é falar de medios gañados, medios propios e medios pagados… que simplicidade. Qué aportación tan boa do mundo dixital.
  • E o terceiro e o definitivo… Qué profesión non fai esto mesmo? Alguén entende totalmente a un abogado, a un arquitecto, a un fontaneiro… ou mesmo a un político? Hai moitos anos, nun curso de Teleco para non telecos, dicíanos o mestre que eles tamén se inventan palabros… porque se fóra totalmente comprensible o que nos querían contar quén estaría disposto a recoñecer, e por tanto a pagar, o valor que aportan.

E ahí está a cuestión. Non é un problema de marketing, é un problema de vender e transmitir que estás aportando algo novo, algo innovador… é inherente ao ser humano. Ademáis, se é unha ‘chambonada’, se é puro fume, non nos debemos preocupar que o propio mercado desbotará a idea e desaparecerá no limbo dos esquecidos.