Asociación galega APACA: "Temos que deixar de ver ós animais como mascotas"
A Asociación leva a cabo diversas actividades de carácter asistencial e informativo, así coma de sensibilización e concienciación
12 diciembre, 2022 06:00A Asociación APACA (Asociación Protectora Animales del Camino) nace no ano 2015 e créase coa intención de reducir o sufrimento dos animais para lograr un Camiño de Santiago máis ético e respetuoso con todos os seres. Dende que comenzaron a súa tarefa conseguiron que milleiros de animais tuvieran a oportunidade de atopar un novo fogar e o cariño de familias que adoptan.
Hoxe, en Quincemil, falamos con Raquel Freiría, xerente de APACA.
Cales son as actividades nas que vos centrades?
Tentamos que a nosa actividade sexa diversa e innovadora para achegarnos a estos obxectivos principais. Para elo realizamos non só labores de carácter asistencial dos animais de compañía que nos chegan á protectora, senón tamén outras informativas; de coñecemento e difusión dos valores universais; de sensibilización y concienciación; campañas de esterilización e microchipeado; e outras de atención e servizos a perregrinos, a máis coñecida das cuais é a iniciativa da Credencial e Compostela Canina, posta en marcha no 2018. Puntualmente tamén realizamos actividades de investigación y reivindicativas.
Imaxinemos que de súpeto atopamos un can abandoado no Camiño… Como temos que actuar?
O primeiro que temos que ter en contar é que a práctica totalidade dos animais que aparecen deambulando ou accidentados no Camiño son da poboación local. Polo tanto, e tendo en conta que a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia establece claramente no seu artigo 6 que a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais corresponde ás persoas titulares das alcaldías dos concellos de Galicia en cadanseu termo municipal, o máis lóxico sería sempre realizar a primeira chamada a algún teléfono municipal, por exemplo ao 010 (servizo de información de calquera Concello) ou ao 092 (correspondente á policía local).
Porén, actualmente, e tras xa máis de 5 anos da nova Lei autonómica, non se publicou o seu correspondente regulamente así como tampouco existe ningún protocolo de actuación ou servizo de emerxencias xenérico ao que poidamos chamar no caso de atopar un animal necesitado en calquera lugar de Galicia, incluido nos lugares que atravesa o Camiño.
Así as cousas, fagamos o que fagamos, a cidadanía queda sempre a expensas da responsabilidade, competencia ou humanidade da persoa ou autoridade responsable que nos toque. En termos xeráis: Se simplemente está deambulando chamar primeiro ao 010 ou 092. Se non recibimos pronta resposta, chamar ao 112 e despois volver a chamar ao Concello. Se está accidentado ou ferido, chamar ao 112, despois ao Concello e se ninguén acude en curto prazo de tempo, atendendo ao deber de socorro, deveremos levar ao animal a unha clínica veterinaria (ou chamar a un veterinario local). Os custes, sempre que se teña tentado anteriormente que acuda a autoridade responsable, poderán ser reclamados á persoa propietaria ou, se non a houbera, ao Concello. Se presenciamos maltrato, temos que chamar inmediatamente ao Seprona, 112 e Concello (preferiblemente por este orden) e tomar vídeos e localización dos feitos. Calquera caso de maltrato pode (e debe) comunicarse á Consellería de Medio Ambiente que é a quen corresponde a aplicación da Lei de protección dos animais de compañía en Galicia.
En calquera caso, pódese ampliar esta información ou procurar orientación e asesoramento para as circunstancias específicas chamando a algunha entidad de protección animal. Na web de APACA temos información detallada ao respecto.
Cando chega a vós un gatiño ou un can…Onde reside? Quen corre cos gastos que ten?
Na nosa rede de casas de acollida, xa que non dispoñemos de Refuxio propio, así como tampouco hai ningún Centro ou Refuxio en ningún dos Concellos que atravesa o Camiño francés en Galicia ata chegar ao de Compostela.
Os gastos dos nosos animais son cubertos pola propia asociación, que á súa vez, finánciase principalmente a través de doacións de persoas socias e non socias, e de programas e axudas públicas, nomeadamente da Axencia de Turismo e da Deputación de A Coruña.
Coa vosa experiencia ¿pensades que temos claro o que é ter un animal de xeito responsable?
En absoluto. En primeiro lugar porque a maior parte das persoas que posúen animais considerados de compañía, os teñen por unha destas dúas razóns: Porque os utilizan para actividades humanas como son: garda de fincas, “dar as horas” (como se refiren sarcásticamente no rural á finalidade dos cans que viven permanentemente
atados), caza, transporte de cargas ou persoas (no caso dos équidos, malia que xurídicamente están excluidos da consideración de animais de compañía) ou para cazar ratos (no caso dos gatos). Actividades que case sempre comportan un enorme sufrimento para estes animais, e que nada teñen que ver co concepto de animal de compañía (que é como se encadran lexislativamente aos cans e os gatos). Por puro mascotismo, o cal adoita responder a un impulso de poseer un “peluche” que vaia á moda e que, como pouco, cubra as nosas carencias emocionais. Neste caso, esta forma de ver aos animais como “mascotas” e non como individuos con persoalidade e necesidades propias, abócaos a unha pésima calidade de vida, provoca desequilibrios na convivencia e na socialización, e moitas veces acarrea “problemas de conducta” erróneamente achacados ao animal.
Para que a tenencia poida considerarse responsable debemos ver e tratar aos animais cos que convivimos como individuos que forman parte das nosas familias e, ademais, asegurarnos de que o animal chega a nós de maneira ética, esto é, a través da adopción en calquera das súas modalidade, e non adquirilos mediante compra a criaderos (legais ou ilegais) ou a través da práctica de reproducción descontrolada (pese a estar esto explícitamente prohibido por lei).
Podemos previr o abandono?
O abandono só poderá reducirse si se actúa no ámbito da educación social para cambiar o concepto cultural tradicional de que os animais son cousas, ferramentas ou mascotas e integrar o novo concepto e a realidade que sempre foi (por fin xa recoñecido non só nas diferentes lexislacións autonómicas senón tamén no noso Código Civil) de que eles tamén son, coma nós, seres sentintes con persoalidade e necesidades propias.
Tamén é imprescindible que as autoridades competentes fagan cumprir a lexislación en materia de protección animal e que se promovan campañas para reducir as poboacións de cans e de gatos, como as de esterilización ou as que teñen por obxecto evitar a compra e a venda destes animais.
E, por último, de que xeito podemos axudar a APACA?
A primeira forma de axudar a APACA é ben sinxela e está ao alcance de todas e todos:
Non mercadear nin traficar con animais. Non compres nin vendas cans, gatos ou calquer outro animal para que te sirva de compañía ou para calquera outro propóxito. A familia, as compañeiras/os e as amigas/os, non se compran.
Esteriliza aos teus animais de compañía. Facelo evitará moitísimo sufrimento, sobre todo destes animais e da súa descendencia, pero tamén de milleiros de persoas sensibles que constantemente son testemuñas de abandonos, asasinatos de camadas enteiras e outros moitos tipos de maltrato de animais que nunca foron nin serán queridos; axudará a reducir a alarmante poboación de cans e gatos; e aforrarase en gasto público e privado.
Se tes as condicións necesarias, ADOPTA. Se queres facelo con nós, lembra que os nosos animais están sociabilizados, que non viven en celdas senón nun entorno familiar desde que chegaron a APACA e que os coñecemos ben, por tanto, sempre procuraremos o que máis se adapte ao voso estilo de vida.
E por último,se queres apoiar a nosa labor podes asociarte ou facer unha doazón, de maneira xeral, ou para patrocinar explicitamente algunha das nosas campañas, por exemplo as de esterilización e microchipeado.