Tanxugueiras.

Tanxugueiras. Instagram

Música

Tanxugueiras: "Afrontamos a nosa primeira vez no Noroeste de A Coruña co corazón aberto"

Olaia y Sabela Maneiro y Aida Tarrío actúan este viernes a las 22:00 horas en la playa de Riazor. Un concierto que presumiblemente será de los de mayor afluencia del festival y en el que presentarán en directo las canciones de Diluvio, su nuevo disco

12 agosto, 2022 06:00

Este viernes, 12 de agosto, a las 22:00 el escenario de la playa de Riazor volverá por todo lo alto con la actuación de una de las estrellas de esta 35 edición del festival Noroeste Estrella Galicia: las Tanxugueiras. Olaia y Sabela Maneiro y Aida Tarrío se estrenan en esta cita tras haber pisado los escenarios de toda la geografía nacional y haber alcanzado aún más popularidad con su presentación al Benidorm Fest, en la que desgraciadamente no consiguieron plaza para Eurovisión.

Meses después de esto, las tres no han parado de cantar allá donde les han llamado, llevando sus mejores temas, tradiciones, a Galicia y el gallego por bandera y contagiando de este sentimiento de pertenencia en todas partes a gallegos y no gallegos. Acaban de publicar su último disco, Diluvio, que ha alcanzado la cuarta posición global de ventas físicas y digitales por detrás de grandes artistas internacionales como Bad Bunny, Rosalía o Beyoncé.

Las tres se declaran "Motomamis" y admiradoras de la artista catalana Rosalía, a la que imaginan algún día conocer y hacer una colaboración si se tercia. Les queda aún un largo verano por delante con 25 conciertos pendientes y reconocen que ahora mismo están "sobreestimuladas", razón por la que en diciembre darán un parón para descansar y retomar su carrera con más fuerza multiplicando los numerosos éxitos alcanzados hasta ahora.

Olaia Maneiro ha respondido a las preguntas de Quincemil:

´Cómo afrontades a vosa primeira vez no Noroeste, o festival máis lonxevo de Galicia?

Estamos súper ilusionadas aínda que non vimos ningún concerto do festival, por axenda iremos directamente o venres a Coruña. O tempo libre que temos utilizámolo para durmir, estar coas nosas familias, ir aos sitios e tocar. Supón un orgullo moi grande volver a tocar na Coruña, porque o noso primeiro concerto foi no bar A Repichoca, e nesta ocasión aínda máis por facelo nun escenario como o de Riazor e nun entorno como esa praia.

Cómo vos preparades para esta primeira vez no festival?

Pensamos que todos os concertos son igual de importantes, cada escenario presenta algo distinto e emocional. Tocar nun escenario tan grande na nosa terra é emocionante.

Acabades de presentar Diluvio, na actuación na Coruña vades tocar temas novos ou clásicos das Tanxugueiras? Cal é a canción ou cancións máis especiais do novo traballo?

O concerto ten un pouco de todo, cada día vai mudando un pouco porque se colle mái seguridade e cámbianse pequenas cousas. Tocaremos Diluvio e máis cancións tamén. Unha das máis importantes para min é Seghadoras, cunha mensaxe que di moito como nos sentimos a veces e é forte. Todas son boas porque o disco ten un contexto e unha historia e é dificil elixir. ocaremos todas as cancións de Diluvio no espectáculo da Coruña.

"Supón un orgullo moi grande volver a tocar na Coruña, porque o noso primeiro concerto foi no bar A Repichoca"

Olaia maneiro

Cal é a historia detrás do novo disco e o por qué do nome?

Dámoslle unha volta aos pecados capitais, unha aprendizaxe da vida, de que non hai que lapidarse por cometer eses pecados e que de todo se aprende. Diluvio é un guiño ao diluvio universal que supostamente houbo para limpar a terra de pecado e de prexuizos, é como reaprender, un reset de disfrutar de certas cousas e tomar os erros como aprendizaxe.

Qué tema ou temas dedicarías ao público coruñés?

Contrapunto, que non a tocaremos pero di moito da irmandade entre todas e todos, e Terra que é un himno xa e que di que non hai fronteiras. Esta canción é a que a xente espera e vai de última e por iso se queda ao concerto (risas).

Haberá un guiño a Coruña na vestimenta ou no escenario?

É complexo en cada sitio ter un guiño porque non farías outra cousa. Neste caso Coruña e toda Galicia somos unha e cantamos cancións tradicionais, en galego…e máis guiño que isto non o hai. Así o facemos en cada parte de Galicia e en cada parte do mundo.

O voso novo disco situouse no top 4 no global de ventas físicas e dixitais e estades por detrás de grandes nomes internacionais como Bad Bunny, Beyoncé ou Rosalía, que acaba de estar na cidade. As Tanxugueiras son motomamis?

Somos moi Motomamis. Rosalía é unha muller cun talento incrible que admiramos moitísimo. Non tivemos a sorte de ter contacto con ela pero estou convencida de que o teremos algún día, dentro de moito tempo, e unha colaboración molaría moito pero nin sequera sei se ela sabe que nós existimos.

"Diluvio é como reaprender, un reset de disfrutar de certas cousas e tomar os erros como aprendizaxe"

olaia maneiro

Proxectos de futuro?

Sobrevivir ao verán, aínda nos quedan 25 concertos, e centrarnos no momento e no que estamos facendo. Somos personas que seguimos formándonos e sacaremos música e adonde o mundo nos leve. Non nos poñemos nin metas nin barreiras, traballamos moitísimo e onde cheguemos quedamos. Traballamos para adiante, formámonos o áaximo e vémonos en todos os festivais do mundo.

Qué opinas do auxe da música galega nos últimos tempos?

É un traballo feito moi ben, moitos artistas que traballaron moitísimo pola música tradicional como Mercedes Peón, Guadi Galego…que seguen loitando pola música tradicional e quenes recolleron todo o legado que temos hoxe en día.

Qué valoración fas de vos como artistas desde os inicios ata agora?

Vamos a ser conscientes cando paremos, estamos sobreestimuladas, todos os días viaxamo e a cabeza non é consciente. En decembro cando fagamos un parón e nos sentemos diremos "uf, o que conseguimos", pero agora mesmo non son capaz nin de dicirche como me sinto exactamente.

Por qué os coruñeses e o público en xeral deben asistir mañá ao concerto en Riazor?

Vámolo a pasar súper ben, o daremos absolutamente todo. Será un concerto bastante potente para desfrutar e vos esperamos co corazón aberto.